Piñor selecciona a axuliares para unha bolsa de emprego de axuda no fogar

O concello de Piñor publica o anuncio de selección para a bolsa de emprego de auxiliar de axuda no fogar. A Alcaldía aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para a creación desta bolsa de emprego.

As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes no Rexistro do Concello, de 9.00 a 14.00 horas, na sede electrónica https://pinor.sedelectronica.gal, durante o prazo de 7 días hábiles seguintes ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, que se fixo hoxe. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e na sede electrónica deste concello (https://pinor.sedelectronica.gal).

AVANTAR ACTIVIDADES