O Novo Cine de Leiro ofrece unha dobre programación para esta fin de semana

O Novo Cine de Leiro actualiza a súa carteleira como cada semana. Neste caso faino con dobre programación. Por unha banda, repite a nova estrea dos Minions, co filme “El origen de Gru”, pensada para os máis pequenos da casa. Poderase ver o sábado e o domingo ás 16:00 horas e ás 18:15 horas, e o luns e xoves próximo ás 18:15 horas.

E o domingo, a última estrea de Jurassic Park, o último filme desta saga. Poderase ver o sábado e o domingo, e o luns e xoves próximos ás 20:30 horas.

AVANTAR ACTIVIDADES