Boborás volveu recuperar a Feira de Feás, que alcanza a súa terceira edición, motivado o seu parón pola pandemia. No 2018, dende o concello tomábase a decisión de volver a poñela en marcha, como recuperación das antigas tradicións.
Esta nova edición foi onte domingo, no campo da festa. Contou con música en directo, artesanía e mercado de produtos e alimentos autóctonos, e xogos para nenos, entre outras novidades. Visitamos algúns deles, uns propios deste municipio e outros que veñen de fora.
Tamén se dispuxo unha zona cuberta para a celebración dun xantar popular, a base de empanada, pulpo, churrasco e postes.