Acotío con Pucho Romero entrenador do At Arnoia femenino de fútbol sala.

O Concello de A Arnoia anunciou o comezo dos preparativos cara a tempada 2022/2023 do Atlético Arnoia. O equipo masculino sairá a competir na Preferente Sur e o equipo feminino farao na Liga Autonómica. No noso programa de entrevistas aquí en Badal Televisión, hoxe conversamos co adestrador do equipo de futbol sala feminino Atletico Arnoia. El é Pucho Rodriguez Romero e avanza algunhas das novidades cara o futuro do Atlético Arnoia Feminino.

Pucho conta xa con traxectoria no mundo do adestramento feminino pasando anteriormente por equipos como o Amoeiro, Ribeiro e Ribadavia. Porén, afirma que o ano pasado foi un dos máis especiais. O Atletico Arnoia Feminino conseguiu o ascenso sen ningunha derrota e chegou á semifinal da Copa na súa primeira tempada. O seu adestrador destaca a importancia da unión no grupo.

AVANTAR ACTIVIDADES

Tamén é salientable o papel da directiva e o apoio por parte do equipo masculino. Pucho define ao Arnoia como “un pobo de fútbol” e agradece estar nun equipo coma este onde se sente acollido por tódalas partes.