Este martes día 26 de xullo proxección de Flores de cine: “El hombre mosca”

Este martes día 26 de xullo imos facer a proxección de Flores de cine que quedou aprazada debido á tormenta. Ás 22:30 horas proxectaremos no barrio de Flores (entre a bodega e a antiga Canella) a película El hombre mosca, unha deliciosa comedia do ano 1923 protagonizada por Harold Lloyd e Mildred Davis. A entrada será de balde e o aforo é de 50 persoas. Un saúdo e moitas grazas pola vosa colaboración.