Garabás supera con creces as expectativas da Festa do Chuletón

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Garabás recuperou a súa tradicional Festa do Chuletón onte lunes, días festivo, logo do parón pola pandemia. As gañas de volver fixeron que fose todo un éxito, superando incluso as expectativas da organización, o que fixo que incluso non chegase o produto para todos os asistentes. Preto de 800 persoas déronse cita para desfrutar de máis de 500 quilos de carne, que se quedou curta. O evento suma xa 22 edicións, parando solo a causa da pandemia, e da man dun grupo de veciños, que son os seus organizadores. Precisamente a causa dese parón, non sabían como respondería a xente, e para mostra, as imaxes.

Non é sinxelo poñerse ós fogóns de tal cantidade de carne, pero en Garabás teñen o segredo para que o chuletón estea ó gusto de todos, con paciencia, pero con moita atención.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A esta festa acoden tanto veciños da zona ou da comarca dende que se puxo en marcha, coma tamén xente de fora,  de diferentes puntos de España, atraídaos pola boa calidade do produto e a fama, que se estende co boca a boca.

Como acontece cas mellores festas, esta naceu coma unha xuntanza de amigos, que a día de hoxe medrou tanto que xa é un referente na contorna.