Comunicado do Bng de Castrelo de Miño sobre os incendios forestales

IES CHAMOSO LAMAS

Comunicado do BNG de Castrelo de Miño

O pasado 27 de xullo, vimos con tristura e carraxe como ardían no noso
concello oficialmente case 200 hectáreas, na realidade foron máis, e
perigaron varias vivendas tanto en núcleos de Castrelo de Miño como no
núcleo de Os Pereiros do concello de Cartelle.
Dende o grupo nacionalista de Castrelo de Miño non podemos máis que
estar agradecidos ás agrupacións de voluntarios de protección civil, e
sobre todo á de Castrelo de Miño, creada no goberno do BNG, pola súa
implicación desinteresada na loita contra a propagación do lume.
Recordamos que os voluntarios son iso, voluntarios que axudan en todo o
que poden, e non obteñen unha remuneración económica para súa labor.
Destacar tamén a firmeza e saber estar dos veciños do noso concello,
dende os que acudiron para axudar en todo o que estaba nas súas mans,
ata os que estiveron angustiados, pendentes e preparados para intervir.
A semana pasada repartimos polo noso concello un aviso (que se achega
a este comunicado) comentando que por decisión do ilexítimo goberno,
este verán non imos contar con brigada forestal de incendios.
As preguntas que lle trasladamos á veciñanza son:
• Atallaríase antes o incendio se tivéramos unha brigada municipal
de incendios?
• Atallaríase antes o incendio se a motobomba municipal estivera
operativa e chea de auga para unha pronta intervención?

Dende o BNG de Castrelo de Miño condenamos todos os lumes causados
intencionadamente que o único que fan é danar o noso ecosistema e por
vidas, tanto humanas como animais, en perigo

HIPER MASIDE