A terceira Ruta Povarelo fixo o sorteo dos seus premios

IES CHAMOSO LAMAS

O concello do Carballiño e Destilerías Miño puxeron hoxe fin á terceira Ruta Povarelo, a que alcanzou un maior éxito de participación con 62 locais participantes ó redor da comarca.

Por parte do concello, Manuel Dacal agradeceu á empresa Hermanos Paniagua a posta en marcha desta ruta e comprometeu o seu apoio.

HIPER MASIDE

Dende a empresa organizadora, Destilerías Panigua, agradecen a colaboración dos hostaleiros e do concello co evento. Afirmou que nos próximos meses seguirán levando a cabo iniciativas para dinamizar o sector.

Este ano, ademais de contar con máis locais, tamén amplían os premios por participar, que foron sorteados esta mañá. As catro bolsas de vermú Povarelo foron para David Fernández Viñal, Jaime Pérez Álvarez, Chiquinguira de los Ángeles e Sara Lamas. Os tres estoxos Povarelo foron para José Luis González Fernández, María del Mar Vázquez González e Andrés López. O premio grande foi a estancia no Hotel A Toxa, para un hotaleiro, que foi o café Lérida. E as invitacións para o París Dakar de Sanxenxo, que foron para Moisés Carral Gil, Aurora González Valcárcel, Igor Pájaro e Roberto Rodríguez.