Rematan nove meses de formación do obradoiro Carbosam 2021 ca entrega de diplomas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, acompañado de rexedores, rexedoras e representantes municipais de Maside, Boborás e San Amaro, fixo entrega dos diplomas ós participantes do obradoiro de emprego Carbosam 2021. Este programa remata logo de nove meses de formación destinada á adquisición de experiencia profesional. Tamén anunciaron hoxe que xa foi concedido o obradoiro para o vindeiro ano.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Tamén estivo presente Rodrigo de Luis, xefe do servizo de formación, emprego e orientación da Xunta de Galicia, quen quixo dar as grazas ó equipo técnico que está detrás deste proxecto e quenes buscaron as actividades a desenvolver.

Entre as actuacións levadas a cabo destaca a recuperación do patrimonio artístico, histórico, cultural ou natural, rehabilitación de contornos urbanos ou ambientais, recuperación de oficios artesanais, prestación de servizos, conservación, reforma e posta en valor das rutas de peregrinación delimitadas do Camiño de Santiago ou especialidades forestais.