Arnoia inaugura mañá venres a 43ª edición da Festa do Pemento

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Mañá venres, ás 21:00 horas, no campo da Queixeira, volve a tradicional Festa do Pemento de Arnoia, que alcanza a súa 43ª edición. Celebrarase os días 5, 6 e 7 de agosto e está declarada Festa de Interese Turístico Galego, aínda que segundo o alcalde, Rodrigo Aparicio, teñen intención de buscar o recoñecemento nacional.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A inauguración oficial correrá a cargo de Carlos Blanco. Ás 21:30 horas amenizarán a festa o grupo Airiños da Arnoía e Broken Peach. Ás 23.00 horas comezará a verbena coa orquestra Combo Dominicano.

O sábado ás 10:30 horas, terá lugar a Concentración de Clásicos do Ribeiro. Ás 22.00 horas comezará o Festival Pandereteirass, que contará coas actuacións de Leilia e Ergutío. O domingo 7, ás 09:30 horas, celebrarase a Carreira Popular 8000, con máis música e, por suposto, pementos.