A Coupe de la Jeunesse, primeira competición internacional de remo, acollerá en Castrelo de Miño a 15 seleccións europeas

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou esta tarde ao acto de inauguración da Copa da Xuventude de Remo (Coupe de la Jeunesse) 2022 que se desenvolverá nas instalacións do Parque Náutico de Galicia o 5, 6, e 7 de agosto e que contará coa participación de 120 embarcacións e 500 deportistas de 16 equipos de Europa.

O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, interveu esta tarde no Parque Náutico de Galicia na inauguración oficial da Coupe de la Jeunesse 2022, “unha cita coa que Castrelo de Miño entra no calendario das mellores capitais dos deportes náuticos. Este é, sen dúbida, un fito que amosa o futuro de Ourense”. Fernández estivo acompañado, entre outros, polo delegado da Xunta, Gabriel Alén, o alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos, e a presidenta da Federación Española de Remo, Asunción Loriente.

AVANTAR ACTIVIDADES

Na súa intervención, César Fernández definiu á primeira competición de remo internacional que acolle Ourense, como unha cita con “quince seleccións europeas que axudan a construír unha magnífica postal que amosa ata onde pode chegar a provincia de Ourense a través da cooperación interadministrativa, a alianza público-privada e políticas públicas ben plantexadas”. 

O vicepresidente segundo da Deputación destacou a aposta do goberno provincial por “converter a Ourense nun gran ecosistema deportivo e impulsar o turismo deportivo”. Un traballo de fondo, explicou Fernández, “que xa ten transformado ao Cerlac en referencia para os adestramentos dalgunhas das mellores seleccións de remo e piraguismo”. A Coupe de la Jeunesse, explica o vicepresidente, é “agora o seguinte chanzo, respaldado cun importante investimento deste goberno provincial. E podemos concluír que o retorno xa está garantido, pola repercusión económica, turística e de imaxe para o noso territorio”. 

César Fernández avanza que a Coupe de la Jeunesse “será a primeira competición de remo internacional de moitas para Ourense”  e quixo recoñecer “o esforzo colectivo de todas as persoas que traballaron neste proxecto, que dun xeito conxunto acabaron definindo esta lámina de auga como estratéxica para o norte peninsular”. 

A xornada de mañá da Coupe de la Jeunesse arrancará ás 08,30 e concluíra ás 14,30 horas.