Grixoa, en San Amaro, rende homenaxe á Virxe das Neves recuperando procesión e verbena

IES CHAMOSO LAMAS

Os veciños de Grixoa, no concello de San Amaro, celebraron hoxe o día grande da festa na honra da Virxe das Neves. Este ano están de volta logo da pandemia, unhas festas que congregan a un gran número de persoas. Esta mañá comezaron cos actos ca procesión e misa solemne, amenizada polo grupo Os Tres Galleguiños tamén para a sesión vermú.

Pola tarde, sofocaron o calor ca Festa da Espuma e ás 23.00 horas a verbena coa orquestra Panorama e a discoteca móbil Disketoca.

HIPER MASIDE

Mañá sábado, ás 12:30 horas oficiarase a misa solemne e ás 13:30 horas terá lugar a sesión vermú de novo con Os Tres Galleguiños.

A partir das 23.00 horas o grupo América e a discoteca móbil Disketoca porán música á verbena.