Tráxico accidente en San Amaro. Unha persona falecida

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Falece un home en San Amaro tras sufrir un accidente co seu tractor causado por unha fochanca

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Unha persoa faleceu esta tarde no concello ourensán de San Amaro, ao redor das 17 horas, tras sufrir un accidente co seu tractor.

O 112 Galicia recibiu a chamada dunha persoa que pedía asistencia para un home que sospeitaban caera dun tractor en Grixoa, San Amaro . Segundo confirmaron os axentes da Garda Civil, a persoa circulaba no remolque dun tractor cando, por mor dunha fochanca, cae e golpéase contra a calzada. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 nada puideron facer por salvarlle a vida.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------