O incendio iniciado en San Cosme de Cusanca, O Irixo, arrasou xa 680 hectáreas queimadas

IES CHAMOSO LAMAS

A Consellería do Medio Rural solicitaba onte pola tarde a declaración da Situación 2 na área de influencia do distrito forestal XI O Ribeiro-Arenteiro, que aínda se mantén. Esta situación operativa de emerxencia decrétase pola proximidade dos lumes rexistrados nos concellos do Irixo, de Boborás e do Carballiño a diversos núcleos de poboación.

O lume do Irixo, parroquia de San Cosmede de Cusanca, iniciouse ás 12,30 h. do mediodía de onte e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 680 hectáreas. Os medios utilizados ata o momento son: dous técnicos, once axentes, 47 brigadas, 33 motobombas, dúas palas, unha unidade técnica de apoio, oito avionetas e trece helicópteros.

OZOCOgz Deseño Galego

O lume de Boborás, parroquia de Astureses, comezou ás 17,30 h. e permanece tamén activo, afectando a 120 hectáreas provisionais. Os medios utilizados ata o momento son: un técnico, nove axentes, 16 brigadas, 14 motobombas, dúas palas, cinco avionetas e catro helicópteros.

Ambos son considerados varios focos do mesmo incendio, e neles avánzase en liñas de control de cara á súa estabilización.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.