O Novo Cine de Leiro proxecta “Por los pelos” esta fin de semana

O Novo Cine de Leiro actualiza a súa carteleira para esta fin de semana. Neste caso, trátase dunha comedia, co filme “Por los pelos. Una historia de autoestima”. Quedar calvo aínda é un trauma para moitos homes. Para Juanjo, Sebas e Rayco, a alopecia tamén provoca unha baixada da autoestima. Os tres embárcanse nunha aventura na que descubrirán que o seu problema non está por riba da súa cabeza.

Poderase ver o venres, sábado e domingo, ás 16:00 horas, ás 18:15 horas e ás 20:30 horas, e o luns e xoves próximos ás 18:15 horas e ás 20:30 horas.

AVANTAR ACTIVIDADES