Seguen activos os incendios do Irixo e Boborás, con alerta pola proximidade ás vivendas

A Consellería do Medio Rural solicitaba ont epola tarde a declaración da Situación 2 na área de influencia do distrito forestal XI O Ribeiro-Arenteiro, que aínda se mantén. Esta situación operativa de emerxencia decrétase pola proximidade dos lumes rexistrados nos concellos do Irixo, de Boborás e do Carballiño a diversos núcleos de poboación na contorna destes incendios.

O lume do Irixo, parroquia de San Cosmede de Cusanca iniciouse ás 12,30 h. do mediodía de onte e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 470 hectáreas.

AVANTAR ACTIVIDADES

O lume de Boborás, parroquia de Astureses, comezou ás 17,30 h. e permanece tamén activo. O lume rexistrado no concello do Carballiño, parroquia de Longoseiros, iniciouse ás 15,51 h. da tarde de onte e permanece tamén activo arestora.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Boborás  AsturesesACTIVO  Os medios utilizados ata o momento son: un técnico, cinco axentes, once brigadas, dez motobombas, dúas palas, dúas avionetas e catro helicópteros.Ata o de agora, son 120 as hectáreas afectadas.
O IrixoSan Cosmede de CusancaACTIVO  Os medios utilizados ata o momento son: dous técnicos, nove axentes, 38 brigadas, 28 motobombas, dúas palas, oito avionetas e once helicópteros. Ata o de agora, son 470 as hectáreas afectadas.