O incendio de Boborás queda estabilizado e o do Irixo, perimetrado

IES CHAMOSO LAMAS

A Consellería do Medio Rural desactivou a Situación 2 na área de influencia do distrito forestal XI O Ribeiro-Arenteiro. Os incendios que afectan a Boborás e O Irixo evolucionan favorablemente e xa non poñen en perigo a núcleos de poboación.

O lume do Irixo, parroquia de San Cosmede de Cusanca, iniciouse ás 12,30 h. do mércores e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 680 hectáreas. Os medios utilizados ata o momento son: dous técnicos, 27 axentes, 72 brigadas, 51 motobombas, catro palas, unha unidade técnica de apoio, dez avionetas e trece helicópteros. Este incendio segue activo, aínda que está perimetrado e evoluciona cara a súa estabilización.

HIPER MASIDE

O lume de Boborás, parroquia de Astureses, comezou ás 17,30 h. do mércores e está estabilizado dende a noite de onte, afectando a 120 hectáreas provisionais. Os medios utilizados ata o momento son: dous técnicos, 15 axentes, 26 brigadas, 21 motobombas, dúas palas, cinco avionetas e seis helicópteros.