Un grupo de veciños do Irixo convoca unha charla sobre enerxía eólica sostible

Un grupo de veciños do Irixo organiza unha charla informativa sobre enerxía eólica sostible. Terá lugar mañá xoves, día 18, ás 20:00 horas na casa do concello. Contará ca presenza de Jacobo Feijóo, do Sindicato Unións Agrarias e José Antonio Diéguez, de Ventonoso, un colectivo de propietarios afectados a nivel galego pola implantación de novos parques eólicos. Este plan autonómico contempla a creación na contorna de sete novos parques de tramitación autonómica e un nacional.

Nesta charla darase información detallada en materia de lexislación e datos técnicos destes futuros parques e da problemática da proximidade dos parques ás vivendas. Entre as cifras que destacan están os contratos, nos que se debería pagar en torno ó 3% de aluguer dos terreos e estase pagando en torno ó 1%.

AVANTAR ACTIVIDADES