A Xunta adxudica a cartografía previa do plan básico municipal de San Amaro

A Xunta de Galicia vén de adxudicar o servizo de obtención da cartografía previa por un importe de case 150.000 euros para poder elaborar os plans básicos municipais de seis concellos, tres deles de Lugo e os ourensáns de San Amaro, Chandrexa de Queixa e Montederramo.

As empresas adxudicatarias disporán dun prazo de 6 meses para finalizar as obras e obter a base cartográfica das 65.560 hectáreas que estes concellos abarcan.

Este instrumento está pensado para que os concellos de menos de 5.000 habitantes e sen planeamento xeral poidan desenvolver determinada actividade urbanística pero sen establecer criterios de crecemento urbanístico.

PUBLICIDADE ELECTORAL

O concello de Beariz está pendente de obter todos os preceptivos informes favorables e Punxín e San Cristovo de Cea ultiman o borrador do plan e o documento ambiental estratéxico para iniciar o trámite de avaliación ambiental.