A ludoteca móbil da Deputación pasará por varios concellos da contorna

Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) visita en Esgos, acompañado do seu alcalde Mario Rodríguez González, o pragrama de ludotecas móviles, que hoxe pola mañá está no concello de Esgos.

O servizo da ludoteca móbil da Deputación de Ourense percorrerá dezaoito concellos de toda a provincia -adxudicatarios por orde de solicitude- durante os meses de verán. 

As actividades programadas polos monitores da ludoteca móbil perfílanse arredor dunha zona deseñada para os máis pequenos -entre 3 e 7 anos- e outra para maiores -de 8 a 14 anos-. Entre as actividades atópanse atraccións inchables, unha zona interactiva, un toro mecánico ou unha festa da espuma con ‘polvos holi’. Na nosa contorna xa estivo esta pasada semana en Boborás. Nos vindeiros días estará en Cenlle, o día 1 de setembro, e en A Arnoia.

AVANTAR ACTIVIDADES