Fin de semana de exaltación do viño ca Festa da Vendima de Leiro

A Festa da Vendima de Leiro alcanza a súa XXXI edición e terá lugar esta fin de semana cunha programación xa libre de restricións recupera o formato tradicional.

Programación da XXXI edición da Festa da Vendima de Leiro

AVANTAR ACTIVIDADES

O sábado 27 de agosto, o programa de actos da XXXI edición da Festa da Vendima de Leiro arranca co Concerto de Corais da Vendima (20,00 horas) e a apertura da 3º Mostra de Viños de Leiro, que estará amenizada cunha actuación musical. 

O domingo 28, a xornada comezará ás 10,00 horas coa recepción dos acios a concurso e a súa posterior exposición. As 12,00 horas, o conselleiro de Educación e Cultura, Román Rodríguez, lerá o pregón desta edición da festa na praza do Cruceiro. Despois, quenda para o desfile de carrozas e charangas dende a rúa Gabino Bugallal ata o Campo da Feira e a IV edición da Concentración de Coches Clásicos. 

As 14,30 horas do domingo celebrarase o xantar popular e despois, dende as 16,30 horas, entrega de premios ós gañadores dos concursos de Acios e Carrozas e actividades infantís e festivas -incluíndo un espectáculo de maxia e unha festa da escuma- no Salgueiral, que acollerá durante todo o día o XVII Mercado Artesanal. As 17,45 horas, o CF Leiro disputa o seu partido de presentación da tempada e La Ocaband pecherá a xornada festiva co seu musical “Camiñantes e cantantes”, a partir das 21,00 horas.