A Deputación destina 48.000 euros para mellorar o firme en estradas de San Amaro

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou a concesión de preto de 300.000 euros en subvencións para colaborar con proxectos municipais e iniciativas de entidades privadas. Concederán 45 axudas por un importe próximo a 75.000 euros, dos que se beneficiarán 35 concellos para iniciativas relacionadas con festas tradicionais, etnográficas, programación de Nadal, música e cine.

No capítulo de cooperación cos concellos, a Xunta de Goberno acordou concedeu preto de 48.000 para obras de mellora de firme en estradas de San Amaro.

AVANTAR ACTIVIDADES