O Irixo e San Amaro organizan a primeira edición do seu Festival Céltico, co apoio da Deputación

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Manuel Baltar remarcou na presentación do festival, que se celebrará nos próximos dous fines de semana de setembro, o deseño dun evento “nacido dende a cooperación entre ambos concellos” e que “reivindica a nosa cultura e a nosa lingua”

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O I Festival Céltico O Irixo – San Amaro acollerá concertos de referentes da música galega como Treixadura ou Milladoiro, “dentro dunha programación que mestura cultura, patrimonio e o uso da lingua galega”, segundo destacaron os alcaldes destes concellos, Manuel Cerdeira e Fernando Redondo

Ourense, 31 de agosto de 2022.- Os concellos de O Irixo e San Amaro organizan nos dous próximos fines de semana de setembro, co apoio da Deputación, a primeira edición do seu Festival Céltico, que contará cos concertos de referentes da música galega como Treixadura ou Milladoiro. “Unha iniciativa froito da cooperación entre ambos municipios”, sinalou esta mañá o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, na presentación do evento na sala de prensa do Pazo Provincial, na que estivo acompañado polos alcaldes de O Irixo, Manuel Cerdeira, e de San Amaro, Fernando Redondo. 

Manuel Baltar destacou na súa intervención a celebración dun “evento cultural e musical que vai máis alá, reivindicando as nosas raíces comúns cun proxecto que xunta o mellor que pode ter un pobo, a defensa da nosa cultura e a defensa da nosa lingua e a nosa música”. 

O presidente da Deputación amosouse convencido de que esta iniciativa “consolidarase no tempo, froito tamén do que representan os dous territorios que se xunguen para este proxecto, e apoiados no excelente traballo destes dous alcaldes”, que a continuación remarcaron a importancia dun festival concibido como dinamizador e potenciador do rural, cunha programación que “mestura cultura, patrimonio e tamén o uso da lingua galega”. 

O alcalde de San Amaro agradeceu “o apoio da Deputación e do seu presidente, Manuel Baltar” para un festival co que “poñemos en valor o máis atractivo que ten un pobo: a súa cultura e as súas raíces”. Fernando Redondo lembrou que o “maior atractivo turístico de San Amaro é o castro de San Cibrán de Las, o de maior superficie escavada na provincia de Ourense. Este ano cúmprense 100 anos das primeiras escavacións, e con este festival queremos poñer en valor o patrimonio arqueolóxico de ambos concellos”. 

Pola súa banda, Manuel Cedeira destacou que “o que se demostra coa organización deste festival é que se queremos chegar lonxe no camiño, as administracións públicas temos que ir da man, coa colaboración neste caso entre os concellos do Irixo e San Amaro e o apoio de Manuel Baltar, ao que agradezo a súa estupenda disposición”. 

Programación do Festival Céltico O Irixo – San Amaro

A primeira edición do Festival Céltico O Irixo – San Amaro arranca este fin de semana en San Amaro. O venres 2, Leirabuxo actuarán no Campo da Feira (22,00 horas); o sábado 3, Treixadura estarán no Castro de San Cibrán de Las (22,00 horas); e o domingo 4, Uxía Lambona e a banda molona actuarán no Campo da Festa de Cruceiro (19,00 horas). 

O seguinte fin de semana, o festival trasladarase ao Irixo. O venres 9, Leirabuxo ofrecerá un concerto no parque do río (22,00 horas), espazo que ao día seguinte acollerá á Milladoiro (22,00 horas). Como peche do Festival Céltico, Uxía Lambona e a Banda Molona estarán no parque do río (19,00 horas).