O grupo municipal socialista de O Irixo insta ó goberno municipal á convocatoria de axudas ós/ás estudantes do Irixo.

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Queremos unha cobertura social exemplar para garantir o dereito a unha educación igualitaria, axudando ós estudantes e ás familias dos estudantes que o precisen.

É importante habilitar unha partida orzamentaria para axudar a moitas familias e estudantes do noso Concellomáis cando se gastan miles de cartos en festas e paparotas a cargo do diñeiro público.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Cada euro investido na educación dos nosos nenos e mozos é sobradamente recuperado e revirte nun mellor futuro da nosa sociedade, é dicir, no futuro do Irixo.

Recordar que fai xa uns 5 anos, o pasado 5 de outubro de 2017, os socialistas xa presentamos esta moción para Á CONVOCATORIA DE AXUDAS ÓS/ÁS ESTUDANTES DO IRIXOsen que a data de hoxe nada se fixese neste senso, mentres se inviste en outras cousas non necesarias.

O Portavoz do Grupo Municipal Socialista do Concello de O Irixo, Iago Fariñas Valiña, presentou esta MOCIÓN PARA Á CONVOCATORIA DE AXUDAS ÓS/ÁS ESTUDANTES DO IRIXO instando ó Concello a:

1º.- Que o Pleno do Concello de O Irixo aprobe a elaboración dunha convocatoria e/ou ordenanza municipal para a concesión anual de axudas económicas directas a estudantes e/ou as súas familias para a adquisición de libros de texto e material escolar para pais, nais ou tutores de alumnos escolarizados e/ou residentes no noso concello, que cursen estudos nos niveis de educación infantil, primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional ou universidade, cuxos ingresos mensuais non sexan superiores ó Salario Mínimo Interprofesional, ou sendo superiores existan circunstancias que debidamente reguladas fagan preciso a concesión da axuda proposta segundo o caso.

2º.-  Que se invite a participar na elaboración e desenrolo desta convocatoria e/ou ordenanza das axudas ó centro escolar e ás asociacións de pais e nais no caso das axudas a escolares de dito centro e outros axentes sociais do concello.

3.- Que se consensúe a elaboración da referida convocatoria e/ou ordenanza municipal entre tódolos grupos da corporación para entre todos acadar a mellor convocatoria e/ou ordenanza para o noso concello ó respecto e garantir así o éxito da medida.