A Deputación concede 30.000 euros para acondicionar a sede de Protección Civil de Maside

Videoconferencia da Xunta de Goberno da Deputación Ourense. Asisiten Rosendo Fernández (VicePresidente 1º); Cesar Fernández Gil (VicePresidente 2º); Placido Álvarez Dobaño (VicePresidente 3º); Jorge Pumar (Deputado PPOU); Luz Doporto Real (Deputado PPOU); Pablo Pérez Pérez (Deputado PPOU; Mónica Legaspi (Interventora Deputación Ourense); Juan Marquina e Adamantino Barreiro García (Secretario e Vicesecretario da Deputación Ourense).
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, reunida esta mañá por vía telemática baixo a presidencia do vicepresidente primeiro, Rosendo Fernández, aprobou a concesión de 372.000 euros en subvencións para financiar un total de quince iniciativas promovidas por concellos e entidades privadas.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

No relativo ao ámbito municipal concedéronse nove achegas distribuídas do seguinte modo: 50.000 euros para o Plan Cultural 2022 do Concello de Baltar; 20.000 para información turística no Bolo; 6.000 para actividade cultural no Irixo; 9.000 euros con destino á apertura do centro de interpretación Portas do Xurés de Entrimo; e 30.000 para o acondicionamento da sede de Protección Civil de Maside. Os concellos de Lobios e Lobeira recibirán senllas subvencións con idéntica contía e finalidade: 10.000 euros cada un para as actividades do Xurés Experience. Por último, Leiro disporá de dúas axudas, unha por valor de 40.000 euros para o saneamento en Barzamedelle, e case 7.000 para un guía turístico.

No capítulo de subvencións para entidades, Aquae Querquennae-Vía Nova recibirá unha achega de 40.000 euros para a tempada de escavacións arqueolóxicas no campamento romano de Bande, así como outros 20.000 para gastos de funcionamento da entidade. O Consello da Cultura Galega disporá de 40.000 euros para financiar a exposición Alfonso X, El Sabio; a Fundación Laboral da Construción contará con 25.000 euros en concepto de axuda para o traslado de alumnado desde a cidade de Ourense ata o Centro de Formación de Vilamarín; Cruz Vermella recibirá 50.000 euros para gastos de funcionamento; e o colectivo cultural e deportivo A Vacariza 16.000 euros para a adquisición dunha carpa e mobiliario.