O concello de Beariz recolle tapóns solidarios para axudar a menores enfermos

A Asociación Daniel Prado Lamas, de Beariz, asinou un convenio de colaboración coa Fundación Seur, que se remonta ó mes de outubro de 2021, e que é propietaria da marca rexistrada “Tapóns para unha nova vida”. Este proxecto consiste nunha iniciativa destinada á recollida de tapóns de plástico para a súa reciclaxe. A cantidade obtida da reciclaxe de tapóns está destinada a axudar aos menores en estado de accesibilidade por enfermidades non cubertas polos sistemas sanitarios ordinarios.

A Asociación procedeu a instalar un corazón solidario no concello, fronte á farmacia, un corazón solidario que se baleirará periódicamente. Ademais, con motivo dunha campaña de concienciación, recolléronse moitas caixas e sacos de cortizas, que se enviarán a Ourense.

AVANTAR ACTIVIDADES

A Asociación ten previsto instalar dous corazóns solidarios máis, un en Doade na parroquia de Xirazga e outro en Lebozán.