En Boborás concurso-oposición para seleccionar e contratar temporalmente unha persoa técnica de orientación laboral por un período de doce meses.

A Alcaldía, mediante a Resolución do 16 de setembro de 2022,
aprobou as bases polas que se rexerá o concurso-oposición para
seleccionar e contratar temporalmente unha persoa técnica de
orientación laboral por un período de doce meses.
Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no
Rexistro do Concello, de 8.00 a 14.30 h, ou por calquera dos

medios admitidos en dereito, durante o prazo de 5 días hábiles,
que contarán desde o día seguinte ao de publicarse este anuncio no BOP.
As solicitudes recollerán os requisitos que establecen as
bases, que se atopan á disposición do público nas oficinas municipais, na sede electrónica do Concello (boboras.sedelectronica.es) e na páxina web (www.boboras.gal).
Boborás, 16 de setembro de 2022. A alcaldesa

AVANTAR ACTIVIDADES