A Xunta declara de utilidade pública o polígono agroforestal de Leiro

A Xunta aprobou hoxe seis acordos da Consellería do Medio Rural para declarar de utilidade pública e de interese social outros tantos polígonos agroforestais, un deles é o de Barzamedelle en Leiro. Elévase así a oito o número de polígonos de iniciativa pública declarados na nosa comunidade ao abeiro da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia.

Así, na provincia de Ourense, no caso concreto do polígono de Barzamedelle (Leiro), recuperarase unha superficie de 145,6 hectáreas distribuídas nunhas 183 parcelas de 113 propietarios e establécense como usos ou actividades principais os cultivos leñosos, de ciclo curto e sistemas agroforestais (sistemas de aproveitamento mixto fundamentalmente gandeiro e forestal -frondosas caducifolias- e, nalgún caso, algún tipo de cultivo agrícola complementario para o aproveitamento gandeiro e compatible cos outros dous).

AVANTAR ACTIVIDADES