A Deputación concede 25.000 euros ao Museo Etnográfico Olimpio Liste de San Cristovo de Cea

Videoconferencia da Xunta de Goberno da Deputación Ourense. Asisiten Manuel Baltar (Presidente Deputación); Cesar Fernández Gil (VicePresidente 2º); Placido Álvarez Dobaño (VicePresidente 3º); Jorge Pumar (Deputado PPOU); Luz Doporto Real (Deputado PPOU); Pablo Pérez Pérez (Deputado PPOU; Mónica Legaspi (Interventora Deputación Ourense); Juan Marquina e Adamantino Barreiro García (Secretario e Vicesecretario da Deputación Ourense).
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, reunida esta mañá por vía telemática baixo a presidencia de Manuel Baltar, aprobou a concesión de 175.000 euros en subvencións para financiar trece iniciativas presentadas por concellos e entidades empresariais, sociais e culturais.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

No ámbito da cooperación con concellos, Cenlle recibirá 10.000 euros para os gastos de bombeo en alta de Razamonde; e Cortegada contará con 18.000 euros para a redacción de proxectos Next Generation-Crecente. O Concello do Irixo vai dispoñer dunha axuda de 12.000 para o proxecto “Marca Irixo” e San Cristovo de Cea destinará 25.000 euros ao museo etnográfico Olimpio Liste.

O capítulo de colaboración con entidades inclúe a aprobación de 14.000 euros a favor do Consello Regulador de Denominación de Orixe Ribeiro para un servidor de “hardware” de datos.