O C.D. Arenteiro segue con esta semana intensa. O domingo volve a xogar en Liga este próximo domingo, neste caso fronte o Real Avilés, ás 12:00 horas no campo de Espiñedo. Xogar na casa está traendo boa sorte ós verdes, esperemos que sigan así.
O Sporting Carballiño xogará tamén o domingo, fronte o Allariz, ás 17:00 horas no campo da Uceira. O Maside tamén xogará o domingo, ás 17:00 horas fronte o Velle no Outeiro Grande. O Arnoia, ás 18:00 horas, enfrontarase ó Cambados no campo da Queixeira. E o Cea enfróntase mañá sábado ás 17:00 horas ó Pontedeva, no campo do Outeiro.
O Salamonde e o Arenteiro B enfróntanse esta fin de semana, mañá sábado, ás 18:00 horas no campo de a Lamela.