En Piñor: ” OBRADOIRO REDES FAMILIARES: a educación emocional e sexual na familia. “

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Programa educación familiar do Concello de Piñor pon en marcha unha nova actividade para as familias, trátase dun obradoiro impartido polo Centro Quérote + da Consellería de Política Social (Xunta de Galicia), un centro especializado no cal o obxectivo principal é prestar un servizo de información e asesoramento á xuventude galega naquelas áreas nas que se poida aportar un maior entendemento social e que se facilite o crecemento persoal.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Programa de Educación Familiar, que se leva ofrecendo dende o Concello de Piñor dende o ano 2006, é un servizo que ademais de trallar de forma individualizada coas familias diferentes problemáticas (menores en situación de risco ou desamparo, conflitividade familiar, dificultades educativas, drogodependencias, etc) tamén leva a cabo actividades comunitarias que permitan traballar aspectos preventivos que favorezan o desenvolvemento axeitado da familia e infancia. Dende devandito programa, financiado pola Consellería de Política Social e polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020 como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19, organízase a actividade REDES FAMILIARES “A educación emocional e sexual na familia”, que ten como finalidade crear un espazo de reflexión no que compartir inquedanzas, dúbidas e dificultades co obxectivo de construír ferramentas educativas que contribúan positivamente no desenvolvemento dos seus fillos e fillas. Neste obradoiro, unha psicóloga centrarase na educación emocional e sexual dende o fogar, dende o núcleo familiar.

O obradoiro terá lugar o venres 21 de outubro ás 18:00h no Centro Social (Albarona). Toda persoa interesada en participar debe inscribirse nos Servizos Sociais ata o 19 de outubro, tanto presencialmente como no teléfono 988403236 ou no email educacionfamiliar.pinor@gmail.com. O Centro Quérote+ esixe un mínimo de 10 participantes, co cal de non chegar a dito número débese proceder á cancelación da actividade.

Dende o Concello de Piñor poñerase á disposición das familias un servizo de conciliación para que podan acudir ó obradoiro con tranquilidade, atendendo a cativos de 5 anos en adiante de forma totalmente gratuita. Este servizo debe ser solicitado no momento da inscrición.

Animamos ás familias a participar nesta actividade, un apoio educativo máis nun tema tan importante como é a educación emocional e sexual dos nosos cativos, para fomentar o seu desenvolvemento persoal.