O Grupo municipal socialista do Irixo celebra no último Pleno se aprobasen por unanimidade a máis de media ducia de mocións levadas polo grupo socialista.

O Grupo Municipal Socialista de O Irixo celebra que despois de 7 meses o pasado 27 de setembro de 2022 se celebrase unha sesión plenaria.

Celebran que nesta sesión plenaria se aprobasen por unanimidade a máis de media ducia de mocións levadas o pleno polo grupo socialista.

AVANTAR ACTIVIDADES

– MOCION MELLORAR A SEGURIDADE ESTRADA OU902 8 abril 2022

– MOCIÓN PARA A LEGALIZACIÓN, MANTEMENTO E LIMPEZA DAS FOSAS SÉPTICAS DE SANEAMENTO DOS POBOS DO IRIXO QUE O TEÑEN EVITANDO ASÍ O PAGOS DAS SANCIONS ANUAIS A CHMS 22/04/2022

– Moción para axudas directas sector agrario.

– MOCION MEDIDAS PREVENTIVAS E DE PROTECCIÓN FRENTE O LUME

– MOCIÓN PARA Á CONVOCATORIA DE AXUDAS ÓS/ÁS ESTUDANTES DO IRIXO.

– MOCION sobre MEDIDAS ECONÓMICAS E SOCIAIS DE GALICIA.

Ou unha MOCIÓN SOBRE A INVASIÓN de UCRANIA.

O portavoz socialista do Irixo Iago Fariñas Valiña, agarda que a aprobación de estas seis mocións non quede no esquecemento e o grupo de goberno traballe por facer que SE CUMPRA O APROBADO NO PLENO FRONTE A OUTROS PROXECTOS NON NECESARIOS.

Lamentan os socialistas, que neste pleno e con 9 meses de retraso se aprobou o orzamento de 2022.

Un orzamento onde se subvenciona a organización de rallyes antes que as asociacións veciñais, ate 5.500 euros para organización de rallyes fronte os 600 euros cos que se subvencionan as asociacións de veciños do Irixo. 

Un orzamento con 881.087,23 euros de gastos de persoal fronte a 74.379,74 euros de aportación municipal de inversión real do concello.

Un orzamento que continua a fenda entre a veciñanza, entre pobos e parroquias, onde pobos seguen a sumar actuacións que nos últimos años están preto dos 100 mil euros, fronte a outros pobos e parroquias que apenas recibiron un caldeiro de cemento nos seus camiños nos últimos anos…