O vicepresidente César Fernández participou no VIII Colóquio Luso-Galaico sobre a saudade

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, participou esta tarde no VIII Colóquio Luso Galaico sobre a saudade, unha cita celebrada no Liceo de Ourense dentro dunha programación que tamén suma sedes en Porto, Santiago e Amarante. 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

César Fernández recalcou o compromiso do goberno provincial coa comunidade lusófona, con apostas como converter a Ourense na sede da Casa da Lusofonía. “Ourense é o berce do pensamento político galeguista e está unida a Portugal por fortísimos vencellos. Unha relación vital pola nosa cultura, a lingüística e o noso tecido socieconómico”. 

A xornada de hoxe no Liceo contou coas intervencións de Afonso Vázquez-Monxardín -coa charla “A presença de Portugal na Revista Nós”-; Juan Manuel Casares -“Florentino López Cuevillas, home da Xeración Nós”-; Manuel Cal Gonçalves -“A saudade e a morrinha em Julio Dantas”-; e Luis Manuel García Mañá -“Unha jornada inesquecible, o día da inauguraçao do monumento em Ourense ao Padre Feijóo”-. Ademais, celebráronse dous paneis de expertos. 

O VIII Colóquio Luso Galaico sobre a saudade, que conta nesta edición co I Encontro de Filosofía e Cultura Luso – Galaico, remata mañá venres en Santiago e está organizado polo Instituto de Filosofía Luso-Brasileira, a Universidade de Santiago, a Universidade do Porto, a Universidade de Oviedo, a Câmara Municipal de Amarante, Associaçâo Impulsionadora da Casa da Lusofonia ou o Centro Português de Vigo.