O C.D. Arenteiro xoga mañá a semifinal da Copa Federación co Real Unión de Irún

Último dobre esforzo para o C.D. Arenteiro. Mañá mércores xogará a semifinal da Copa Federación, paso previo a xogar a Copa do Rei para a que xa está clasificado. A cita será mañá, en Espiñedo, na casa, ás 20:30 horas e o encontro enfrontarao co Real Unión Club, de Irún.

Os verdes acumulan xa varias semanas de intenso traballo, compaxinando varias competicións e con encontros cada tres días, o que supón un esforzo físico que aínda non pasou factura, e que esperemos que non o faga agora. Este será o último encontro en mércores, e chagarán días de algo máis de descanso. O adestrador, Fran Justo, afirma que o equipo está “na reserva”, pero a reserva do Arenteiro é “moi grande”. E ademais Justo xa valoraba o pasado domingo o papel de contar co xogador número 12, a afección, outro punto a favor que estará tamén mañá.

AVANTAR ACTIVIDADES