O concello do Carballiño, a través do servizo de Educación e Apoio Familiar, da área de Benestar Social, organiza un obradoiro gratuíto de educación emocional e sexual na familia. A data será o 9 de novembro, dende as 17:00 horas ata as 18:30 horas, na Casa da Cultura do Carballiño. Está destinado para familias con menores a cargo (pais, nais e representantes legais) e persoas interesadas en xeral.
Fará falla inscrición previa nos Servizos Sociais ata o día 7 de novembro, ou a través do teléfono 988 53 10 76 ou a través do correo electrónico aducadorafamiliae@carballino.gal. Ofrécese servizo de conciliación gratuíto.