O Psdeg-Psoe de Ourense amosa a súa fonda dor e o seu pesar pola traxedia acontecida no ies Julio Prieto Nespereira e que causou o falecemento dun alumno

Os e as socialistas lamentamos profundamente o acontecido e trasladamos as nosas máis sentidas condolencias aos familiares, amigos e amigas do rapaz falecido e do ferido

Ourense, 26 de setembro de 2022. O PSdeG-PSOE de Ourense amosa a súa fonda dor e o seu pesar pola traxedia acontecida no IES Julio Prieto Nespereira este mediodía, tralo derrubamento dun muro do vestiario do centro escolar, e no que faleceu un alumno e outro quedou ferido. Os e as socialistas lamentamos profundamente o acontecido e trasladamos as nosas máis sentidas condolencias aos familiares, amigos e amigas do rapaz falecido e do ferido.

AVANTAR ACTIVIDADES

Agardamos que se esclarezan as causas dun feito tan terrible e dunha dureza extraordinaria e que nunca debería ter sucedido. Acompañamos e compartimos a dor dos familiares, amigos e compañeiros nestes duros momentos, amosando o noso agarimo e póndonos a súa disposición.