Publicado no BOP:
Por Resolución da Alcaldía, do día 26.10.2022 e referencia
2022/191, apróbanse as seguintes bases: bases reguladoras
de subvenciones ao ensino do Concello de San Amaro
2022/2023.
Obxecto da convocatoria
O obxecto das presentes bases é regular a concesión de axudas destinadas a favorecer a escolarización pública.
Destino das axudas
As axudas estarán destinadas á adquisición de libros de texto.
Destinatarios/as e requisitos
Para ser beneficiario destas axudas é preciso cumprir os
seguintes requisitos.
- Cursar estudos de primaria ou infantil no centro CEIP,
Eulogio Gómez Franqueira de San Amaro. - Estar empadroado/a no Concello de San Amaro, no momento
de presentación da solicitude. - Presentar xustificante de matrícula para o curso 2022-2023.
- Cumprir os requisitos para obter a condición de beneficiario/a, recollidos no artigo 13 da Lei 38/2003 do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13
de xuño, de subvención de Galicia. - As axudas serán solicitadas polos representantes legais do
alumnado: os pais/nais, titores e representantes legais.
Solicitudes e documentación necesaria. - As solicitudes das axudas formalizaranse no modelo normalizado que se inclúe como anexo, e que poderá así mesmo
obterse nas oficinas xerais do Concello de San Amaro, ou ben a
través da sede electrónica:
https://sanamaro.sedelectronica.gal/info.0 - Xunto coa solicitude debidamente cuberta, presentarase a
seguinte documentación:
a. Fotocopia do DNI do solicitante (pai, nai, titor legal, ou
representante legal do menor).
b. Fotocopia do libro de familia
c. Xustificante da matrícula.
d. Xustificante do cumprimento do artigo 10 da Lei de subvencións de Galicia, Lei 9/2007, do 18 de xullo (anexo II).
Lugar e prazo de presentación.
A solicitude poderase presentar nalgún dos seguintes lugares: - Na sede electrónica do Concello de San Amaro https://sanamaro.sedelectronica.gal/info.0
- No Rexistro Xeral do Concello de San Amaro, de luns a venres, en horario de 09:00 a 14:00 horas.
- En calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei
39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo
común das administracións públicas. - O prazo de presentación de solicitudes rematará o día
30.11.2022.
Contía das axudas
Os importes máximos que se aboarán por alumno serán: - Educación primaria: 100 euros.
- Educación infantil: 150 euros.
Crédito orzamentario
O importe total para as axudas ao ensino establécese en
6.000,00 euros, imputados á aplicación orzamentaria 326.48.
Pago da axuda
Unha vez concedida a axuda, presentarase o certificado do
número IBAN da conta na que, de ser o caso, se ingresará o
pagamento. Deberán coincidir a identidade do titular e a do/a
solicitante da axuda.
Adicional. Para o non previsto nestas bases será de aplicación
a Lei 9/2007 de subvencións, xa citada.