A CIG manifesta no Carballiño o desacordo do convenio do Servizo de Axuda no Fogar

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

No mediodía de hoxe, a Federación de Servizos da CIG convocaba unha manifestación na Praza Maior do Carballiño. A súa intención é a de convocar folga indefinida no sector da axuda a domicilio a nivel galego para forzar a renovación do convenio colectivo do sector, que se atopa sen actualizar dende 2012.

O convenio ten unha cláusula que expresa que se non se negocia un novo os aumentos salariais serán os que marque o IPC, polo que as traballadoras puideron ir tendo unhas subas mínimas. Hai case dous anos que a CIG mantén reunións no Consello Galego para convencer a patronal que se asocie.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

As traballadoras buscan ser escoitadas con accións coma a de hoxe, ó estar en desacordo co preacordo asinado polos outros dous sindicatos.