O Sporting enfróntase este domingo ó Peroxa, igualados a puntos liderando a clasificación

Fin de semana de fútbol na nosa contorna. Neste caso, o C.D. Arenteiro viaxará a Asturias para continuar cos encontros de Liga, e enfrontarase ó Marino Luanco. O partido será ás 17:00 horas do vindeiro domingo.

O Sporting Carballiño xogará tamén o domingo, enfrontándose o Peroxa. Ambos equipos lideran a táboa empatados a puntos (19 cada un) e xóganse o liderato. O encontro será ás 16:15 horas no campo do Marco. O Atlético Arnoia tamén na xornada dominical, enfróntase ó Portonovo ás 16:15 horas. O Maside, tamén o domingo, enfróntase ó Melias, ás 16:15 horas, no campo da Abelleira. O Cea xogará fronte o Barra de Miño, ás 16:30 horas do domingo no Lodairo. O Salamonde xogará mañá sábado, fronte o Laias, na Lamela.

AVANTAR ACTIVIDADES

O Arenteiro B xogará o próximo domingo, ás 16:00 horas, fronte o Amoeiro.