Despois de rematadas as eleccións municipais de maio do 2019, o número
2 da candidatura do PP de Castrelo de Miño, renunciaba á súa acta de
concelleiro. Non deberon de conseguirlle un traballo mellor dende o PP
de Ourense, e tivo que renunciar á acta, dado que non é compatíbel ser
concelleiro e funcionario no mesmo concello. A número 4 da candidatura,
accede á acta de concelleira.
En agosto do 2020, vimos como se mercou dende o PP de Ourense a dous
concelleiros do PSOE, que pasaron a desempeñar cargos de goberno
municipal trala moción de censura. Todo moi bonito, membros da xunta
de goberno, dedicacións salariais… ata que por unha sentenza do tribunal
supremo, tiveron que ser cesados polo ilexítimo alcalde en decembro do 2020. O señor Pazos dixo en sesión plenaria que os cesou porque non tivo
máis remedio, pero os ía seguir considerando compañeiros a todos os
efectos. E así foi, despois do “cese”, pasaron a ser concelleiros
“colaboradores” do grupo popular, abandonaron as xuntas de goberno,
pero “gobernaban en B”… como os euros que lles deron.
Dende a Deputación Provincial de Ourense, adxudicáronse varias
subvencións nominativas ao concello de Castrelo de Miño para desbroces.
Subvencións que gañou Cotoverde S.L. e despois contratou a un dos
tránsfugas para que puidera seguir cobrando no traballo para o concello
de Castrelo e mantendo a maioría do goberno ilexítimo.
En abril do 2022, sorprendentemente a concelleira de servizos sociais
renunciou a súa acta de concelleira. Non quedaron claros os motivos, pero
Comunicado do BNG de Castrelo de Miño
barállase que o que lle ofreceu o señor Pazos no seu momento, non
terminou de chegar. Isto, sumado a varios “intercambios de pareceres”
co ilexítimo, rematou na renuncia da acta de concelleira.
Tocáballe ao número 5 da candidatura popular de Castrelo! Con
experiencia como concelleiro no grupo popular! Pero… tamén renunciou
á acta! Disque, por non ter “afinidade política” co ilexítimo… A saber!
Deste xeito, chegamos a número 6 da candidatura. Que asumiu (con moito
gusto) todas as funcións que tiña a número 4.
Pois no último mes de outubro do 2022, debéronse de acabar as partidas
para desbroces da Deputación, dado que non houbo máis “renovacións”
para o tránsfuga, e tivo que empezar a traballar en coren como se nunca
houbera traizoado aos veciños de Castrelo de Miño… como se no PP xa
non quixeran saber máis del… como se as súas ameazas de deixar a acta
de concelleiro xa non lle valeran de nada… como que ao último pleno
ordinario, xa non asistiu…
Que in-xusta é a vida ás veces!!