Boborás celebra mañá o primeiro festival de bandas de música

IES CHAMOSO LAMAS

Mañá sábado, no Pazo da Almuzara de do concello de Boborás, terá lugar a primeira edición do Festival de Bandas de Música que se celebra neste concello. A iniciativa comenzará ás 17:00 horas.

Os grupos que participarán nesta xornada serán os locais da Banda de Música de Boborás, acompañados pola Agrupación Musical da Limia e a Banda de Música de Ramirás.

OZOCOgz Deseño Galego

As pracas conmemorativas para as bandas participantes están realizadas a man pola asociación ASPADISI do Carballiño. Os agasallos serán produtos do mel elaborados pola marca Terras de Boborás.