O pleno do concello de Beariz aprobou inicialmente o Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais nas faixas secundarias ao redor das edificacións destinadas ás persoas, vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, cámpings, gasolineiras e parques e instalacións industriais situados a menos de 400 metros do monte e ao redor das edificacións illadas destinadas ás persoas en solo rústico situadas a máis de 400 metros do monte do concello de Beariz.
Deste xeito, establecen un sistema público de xestión de biomasa nas faixas secundarias. Este plan exponse ao público por un prazo de 20 días hábiles. A súa aprobación ven dada logo de que fose a Xunta de Galicia a redactora inicial no proxecto.