25-N no Ies Chamoso lamas

Por segundo ano consecutivo, o IES Manuel Chamoso Lamas vén de conmemorar o día 25 de Novembro, día internacional contra a violencia de xénero, cun acto institucional no que participou toda a comunidade educativa. Tratouse dunha serie de actividades levadas a cabo no patio do instituto no que, ademais de lembrar a todas as víctimas de violencia de xénero deste ano, se amosaron os lazos feitos polos distintos grupos de todos os niveis educativos que ten o centro- Alumnado da ESO, Bacharelatos, Ciclos e ensinanza de adultos mostraron o seu lazo e leron o lema co que o titularon.

A continuación o alumnado de 4º de ESO fixo unha performance no que se visibilozou os distintos tipos de violencia que se poden dar ademais da física.

AVANTAR ACTIVIDADES

Especial atención tivo nesta ocasión a violencia vicaria, para a que, o grupo de teatro escenifocou o conto da Cincenta.

A continuación o alumnado de música realizou unha actuación musical para rematar o acto coa colocación dunha gran pancarta no que se pode ler: “ O comunicar abre a porta do cárcere no que vives. CONTA CONNOSCO “

Para a Dirección do IES Manuel Chamoso Lamas é fundamental seguir con este tipo de actos mentres non se remate  por completo con esta plaga que temos  como sociedade que é a violencia de Xénero.