O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, mantivo un encontro de traballo co alcalde deste concello, Francisco José Fernández
Manuel Baltar comprometeu o apoio a varias iniciativas de cooperación propostas polo rexedor: a mellora da estrada entre Leiro e San Cristovo de Cea, novos proxectos dinamizadores do territorio, o acondicionamento da rúa Real e a substitución das gradas do campo de fútbol de San Bartolomé
Ourense, 27 de novembro de 2022.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, mantivo un encontro de traballo no Pazo Provincial co alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, para abordar novas iniciativas de colaboración entre ambas administracións.
Na xuntanza tamén estivo presente César Fernández, vicepresidente segundo e responsable dos asuntos de cooperación cos concellos da comarca do Ribeiro.
Manuel Baltar avanzou a colaboración do goberno provincial a varias iniciativas de cooperación propostas polo rexedor, entre as que se atopan a mellora da estrada entre Leiro e San Cristovo de Cea (OU-0306) e o acondicionamento da rúa Real.
Ademais, a Deputación tamén apoiará novos proxectos dinamizadores do territorio e colaborará na substitución das gradas do campo de fútbol de San Bartolomé.
“Estas iniciativas son fundamentais para Leiro ao permitir mellorar as infraestruturas públicas ao servizo dos veciños”, remarca Manuel Baltar, que incide na importancia da “acreditada capacidade da Deputación para recoller as demandas e necesidades dos concellos e implementar solucións dun xeito áxil e eficaz, para seguir construíndo Ourense”.
Nesta mesma liña, o alcalde de Leiro destaca a “máxima cooperación da Deputación e do seu presidente para atender as nosas propostas e permitir seguir desenrolando proxectos”.