Beariz celebra o centenario de Palmira Roo Sieiro. Parabéns!

Palmira Roo Sieiro celebrou o pasados xoves o seu aniversario, alcanzando xa o centenario. Palmira naceu en O Candedo, Beariz (Ourense), onde tamén celebra estes 100 anos, rodeada da súa familia.

Dende moi pequena está vinculada a esta terra, que a viu nacer e crecer. Traballou dende a infancia nas minas de wolframio de Beariz. Pero a súa vinculación vai moito máis alá. axudou tamén á construcción do colexio de Beariz, onde seguiu traballando como cociñeira ata a súa xubilación.

AVANTAR ACTIVIDADES

Moitos parabéns Palmira!