A carreira solidaria do Arenteiro abre o prazo de inscrición para a 13ª edición

O domingo día 11 de decembro celebrarase un ano máis a carreira solidaria do Arenteiro, que este ano alcanza a súa 13ª edición. Xa está o prazo de inscrición aberto para todos os que queiran participar, que poderán facelo a través da páxina www.championchipnorte.com.

A xornada dará comezo ás 11:00 horas, dende a Praza da Veracruz. Terá dous percorridos, para adaptarase a todos os participantes. Un deles será de 5 quilómetros, e outro máis longo de 10 quilómetros.

AVANTAR ACTIVIDADES

Este evento deportivo, como cada ano, terá como fin solidario a recadación de alimentos destinados á axuda familiar que realiza Cáritas, e que se incrementa nas datas de Nadal.