Bodega Alanís e o ilusionismo de ‘magia en la manga’ clausuran o ciclo ‘Cata a Arte’ 2022

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Bodega Alanís presentou onte o seu viño branco Gran Alanís 2021 da man do seu enólogo, Antonio Muñoz, para unha sala con aforo completo na última sesión da oitava edición do ciclo “Cata a Arte”. Nesta ocasión, o viño estivo acompañado polo ilusionismo da compañía galega Magia en la Manga, cun prodixioso espectáculo utilizando cartas, copas de vidro, panos, bólas… e moito mentalismo, así como de bocados gastronómicos que harmonizaron á perfección. O evento tivo lugar na sala un da planta Baixa do Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense, lugar onde está situada a mostra ‘Dimensión social dunha erótica da arte’ do artista César Taboada.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ilusionismo Gran Reserva, da compañía ‘Magia en la Manga’ ofreceu aos asistentes unha proposta elegante e orixinal para enriquecer con máis aromas e sabores unha experiencia vitivinícola da máis alta calidade. O encanto propio da sala do Centro Cultural xunto coas sensacións da degustación do viño branco Gran Alanís e as impresións exclusivas da maxia confluíron nunha maridaxe harmónica que non deixou indiferente a ningún asistente.

Fundada no 1910, Bodega Alanís leva máis de 100 anos creando viños singulares e de calidade. O segredo dos seus longos anos de bo facer: unha coidada selección de uva en orixe, potenciando as variedades autóctonas, como a Treixadura e o Godello e un refinado proceso de elaboración fusionando a tradición e a vangarda tecnolóxica.

Nesta oitava edición continuouse coas catas solidarias, solicitando que cada asistente colabore cun donativo dirixido integramente para Asociación Ourensana de Esclerosis Múltiple, Párkinson y Enfermedades Raras (AODEMPER), organización sen ánimo de lucro que leva dende 1996 ao carón das persoas con Esclerose Múltiple, Párkinson e Enfermedades Raras da provincia de Ourense e das súas familias. Algúns dos servizos que ofrecen son os de psicoloxía clínica, fisioterapia, logopedia, traballo social e educación social. Todas as persoas que apoiaron esta iniciativa participaron nun sorteo de botellas de viño das adegas e merchandising da D.O. Ribeiro e do Centro Cultural.

O vindeiro mes de xaneiro entregarase o cheque solidario coas aportacións de todos os asistentes durante as cinco xornadas que abrangueu o ciclo. O evento de entrega celebrarase no Centro Cultural Marcos Valcárcel.

Viño e arte

O ciclo rematou onte coa súa última sesión e celebrouse durante cinco xornadas no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense, dende o 3 de novembro ata o 1 de decembro con presentacións e degustacións de viños de adegas da D.O. Ribeiro e con accións culturais. O seu aforo estivo limitado a 100 persoas por xornada, e as prazas foron cubertas por orde de retirada dos convites de xeito presencial no Centro Cultural dende o luns anterior a cada evento.