Xoves festivo e nova alegría para os do Carballiño. O Sporting suma unha nova vitoria a súas últimas semanas, nas que non coñece rival que se resista. Onte enfrontábase ó Santa Teresita, e tamén á choiva. O que non impediu que ós 3 primeiros minutos anotaran o seu primeiro tanto, rematando o encontro 2-1, aínda que foi unha vitoria que definiron como “nada sinxela ante un incómodo rival”. O domingo enfrontaranse ó Celanova.
O C.D. Arenteiro segue cos adestramentos para enfrontarse este próximo domingo ó Langreo, fora da casa. A afección xa preparou unha viaxe en autocar para acompañar ó equipo.