Comunicado do Bng de Castrelo de Miño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Dende Castrelo de Miño, vimos como a semana pasada se publicaban as bases do concurso de estabilización (concurso que obrigan a facer dende a Comunidade Europea a todas as administracións do estado español) para que todos os traballadores e traballadoras do concello de Castrelo de Miño, deixen de estar en situación temporal, cando moitos deles levan máis de 10 anos traballando no mesmo posto.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Para a sorpresa do BNG e da maioría dos traballadores e traballadoras municipais, nas bases de estabilización do concello non se aplicaron as os criterios das bases da Deputación de Ourense, ou das bases da FEGAMP (Federación Galega de Municipios e Provincias), que foron negociadas cos diferentes sindicatos que teñen representación no noso país, e que cumpren co obxecto do concurso excepcional de estabilización do funcionariado: Que un funcionario ou funcionaria que leva no seu posto de traballo 10 ou 15 anos, se quede no posto!!!.

En Castrelo de Miño, non foi así. O ilexítimo goberno preferiu facer unhas bases propias do concello, sen asesoramento de ningún tipo, sen convocar aos sindicatos, sen tomar como referencia as bases da deputación ou da FEGAMP como na maioría de concellos do país. Fixéronse unhas bases onde o máximo tempo que pode puntuar un traballador ou traballadora municipal son 2 anos e medio… recordamos, que para entrar neste proceso extraordinario, hai que levar como mínimo 3 anos no mesmo posto e na mesma administración. Polo tanto, da igual que leves traballando no concello 15 anos, que que leves 3… vas puntuar o mesmo.

A maiores, non se prima de ningún xeito ao persoal propio fronte ao doutros concellos. Pero para o persoal do concello de Castrelo de Miño que queira concursar noutro concello dos arredores, precisa ter traballado o triplo de anos para poder igualar ao que está traballando alí. Isto é unha total inxustiza para os traballadores e traballadoras do noso concello, que ven que calquera persoa con un mínimo de 2 anos e medio de experiencia no posto, está en igualdade de condicións con respecto a eles, pero ao contrario non pasa.

O Sr. Pazos, descoñece cal é o fin último do concurso de estabilización, e pretende que o seu persoal acabe perdendo o seu posto de traballo ou no mellor dos casos índose traballar a outros lares, dado que é moi probábel que outras persoas de concellos limítrofes lles gañen en puntos e polo tanto teñan máis posibilidades de ocupar os seus postos.

Dende o BNG, pedimos ao actual goberno que desbote estas bases feitas para favorecer unicamente a dous traballadores municipais, e se usen as bases da FEGAMP ou da Deputación Provincial, onde se teñen en conta todos os anos traballados, non só dous e medio, e se lle dá prioridade ao persoal propio do concello de Castrelo de Miño.