A Escola de Fútbol Terras de Maside organiza un torneo solidario este venres

Como cada Nadal, a Escola de Fútbol Terras de Maside organiza un torneo solidario ca finalidade de recadar alimentos e xoguetes. Neste caso, a recadación será doada á Fundación contra o cancro infantil “Bicos de Papel”.

O torneo terá lugar o vindeiro venres, día 23, dende as 10:00 horas da mañá ata o mediodía, no campo do Outeiro Grande. Os equipos cos que contarán nesta ocasión serán o Ribadavia Atlético, a Escola de Fútbol de Lalín e a propia Escola Terras de Maside.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os equipos participantes colaborarán ca entrega de alimentos, e todos os que se acheguen poderán facelo mercando unhas rifas para a ocasión, ou colaborando do xeito que prefiran.

Na presentación desta iniciativa tamén estivo o alcalde de Maside, José Manuel Iglesias, quen destacou que non é a primeira vez que colaboran con esta fundación e que ambas partes quedaron moi satisfeitas co resultado, seguindo na liña de fomentar estos valores ós rapaces.